SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

A Concellería de Cultura do Concello de Carral leva a cabo unha serie de actividades que servirán para conmemorar as Letras Galegas, dedicadas este ano ao escritor Carlos Casares MouriCartel Letras Galegas 2017 Carralño.

Polas diversas dependencias da Casa da Cultura hai unha exposición dedicada a Casares, na que se explica a súa traxectoria vital e literaria. No exterior do mesmo centro cultural está instalada outra mostra que repasa os vinte anos do Certame de Poesía Concello de Carral. Esta exposición presenta aos autores e autoras que obtiveron este prestixioso galardón, con breves reseñas bibliográficas e poemas de cada un deles.

Unha terceira exposición é a que presenta as creacións do alumnado da Escola Municipal de Teares e Tapices de Carral. Na sala polivalente do edificio Toñito Espiñeira estará esta mostra ata o 28 deste mes.

A Biblioteca municipal súmase á homenaxe ás nosas letras cunha sesión de contos teatralizados. Será o xoves 18 de maio, ás 18:00 h, coa compañía Elefante Elegante, que presentará “O xigante”. Estaba anunciada outra sesión a cargo da compañía Sarabela Teatro para o día 25 de maio, mais por circunstancias imprevistas por parte da compañía, esta actuación queda adiada ao mes de outubro.

O 25 de maio entregaranse os premios dos concursos escolares de poesía e o venres  26 terá lugar o acto central do Certame de Poesía Concello de Carral, entregando o premio a Xosé Luís Mosquera Camba, presentando o libro Devalar sen pel de Modesto Fraga, presentando o documental sobre os 20 anos do premio, e coa música de Gonçalo Guerreiro.

Serán días para festexar o noso idioma e a nosa literatura cun amplo abano de actividades culturais.