RAPACES DE PRIMARIA GOZARON DO TEATRO DE GALICREQUES

Galicreques Carral 2018 -3wAlumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que  nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.

Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.