PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL COA POLICIA LOCAL

O martes 11 de maio iníciase dende o departamento de policía local o programa de educación vial co alumnado do CPI Vicente Otero Valcárcel que se extenderá ata o 2 de xuño con diversidade de accións: os nenos de 5º de primaria recibiron as primeiras clases de educación vial no propio centro. O dia 13  de maio instalarán o parque de Educación vial no Campo da feira e poderán usalo máis de 75 alumnos e alumnas do centro, seguindo as normas de circulación que a policía local supervisará e ensinará.  Simultáneamente a propia policía local realiza obradoiros teóricos e prácticos de forma que o alumnado irá rotando da parte teórica á práctica, levando a cabo o aprendido no propio parque de educación vial como peóns e como condutores de diferentes vehículos. O dous de xuño remata o programa con alumnado de 1º da ESO.