PRIMEIRO OBRADOIRO DO PROGRAMA EDUCANDO EN VALORES

posted in: Novas Concello | 0

O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia nos centros educativos sexa respectuoso, afectivo e humano.

O curso pasado o programa tamén se estendeu ás familias con moito éxito, e este ano vaise repetir a experiencia a través da organización de obradoiros.

Como parte do programa, levarase a cabo un obradoiro sobre Intelixencia Emocional para familias con rapaces e rapazas do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. O taller terá lugar o vindeiro luns, 3 de febreiro, entre as 16.30 e as 19.30 horas. Este obradoiro ten aforo limitado.

O contido desta actividade será o seguinte:

  • As necesidades emocionais e sociais dos nenos e nenas. A importancia do vínculo seguro.
  • As intelixencias múltiples: a intelixencia emocional.
  • Claves para a educación desde a afectividade consciente.
  • Estratexias e ferramentas para a educación emocional.
  • A comunicación positiva.
  • Normas e límites desde o afecto.
  • Como axudar ás crianzas a manexar as súas emocións.

As persoas interesadas en recibir más información poden contactar co departamento de Orientación do CEIP Vicente Otero Valcárcel ou cos Servizos Sociais do Concello de Carral no enderezo serviciossociales@carral.es.