PERMISOS FOGUEIRAS SAN XOÁN

Don José Luís Fernández Mouriño, alcalde do Concello de Carral, comunícalle a todos os veciños e veciñas que de acordo coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia deberase solicitar autorización previa do Concello para a realización de fogueiras na festividade de San Xoán.

Para máis información pode dirixirse ao servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.