PEL 2020: CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CATRO OFICIAIS DE SEGUNDA PARA O DEPARTAMENTO DE OBRAS (TRES ALBANEIS E UN ELECTRICISTA)

Por decreto da alcaldía nº 225/2020, do 28 de maio de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de catro traballadores, oficiais de segunda (tres albaneis e un electricista)) para a cuadrilla de obras do Concello subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2020.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada parcial (30 horas/semana), durante seis meses, suxeito as condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 5 de xuño de 2020 inclusive.

Se as persoas interesadas desexan optar a máis dun posto deberán presentar unha instancia por cada un deles.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas a través do teléfono 981670002.

 

BASES OFICIAS SEGUNDA