OS DEPORTES DE RAQUETA PROTAGONISTAS NO FIN DE SEMANA DEPORTIVO DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

David Castro e Alejandro Vázquez álzanse de novo co título de campións neste III torneo municipal de pádel por parellas e Borja Gestal fai o propio no  XV Torneo de tenis de verán.

Parellas Finalistas
Parellas Finalistas

Este venres, ás 20.00  h, disputouse, nas pistas situadas no Complexo deportivo, a final do Torneo municipal de pádel por parellas de Carral.

Esta competición que vén desenvolvendo desde mediados de xullo reuniu a un total de 34 xogadores agrupados en 17 parellas. Ao longo do verán disputouse esta competición na que as parellas se distribuíron en 4 grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos e que durou ata o día 13 de agosto. De cada grupo, clasificáronse os 4 mellores, conformando así as fases finais, que se disputaron a partir do luns 20 ata este venres 31 de agosto, cando tivo lugar a gran final. Ás 20.00  h, a parella formada por Alejandro Vázquez e David Castro (vixentes campións) enfrontáronse a Sebastián  Cibils e Javier Pérez na disputa dunha final moi rifada; despois de máis de hora e media de encontro, o marcador decantouse finalmente ao lado de Alex e David cun resultado de 6/3 e 7/6. A parella de San Vicente de Vigo (Carral) álzase de novo co trofeo

Ao terminar o encontro o concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos ás dúas parellas finalistas.

Fotos
Fotos Pádel

 

 

 

 

 

XV Torneo de tenis.

Finalistas de Tenis
Finalistas de Tenis

Por outra banda, este sábado 1 de setembro, disputouse a final do Torneo municipal de tenis de Carral, que se desenvolveu ao longo do mes de agosto. Esta competición, con 15 edicións, é xa un clásico dentro da programación deportiva municipal do verán

Foron un total de 15 os tenistas inscritos de todas as idades.  Os xogadores distribuíronse en grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos e que durou desde o 8 de agosto ata o 1 de setembro. Dela conformáronse as fases finais, disputándose a partir do día 23, os oitavos, cuartos e semifinais.

Foi este sábado cando tivo lugar a gran final. Ás 19.00  h, o  carralés Borja Gestal Caridade e Rubén  Ybón López (sub-campión en varias edicións), disputaron unha das finais máis rifadas dos últimos anos; despois de máis de dúas horas e media de encontro, o marcador decantouse finalmente ao lado de Borja cun resultado de 6/3, 1/6 e 6/4.

Ao terminar o encontro a concelleira de Cultura, Margarita  Ramilo, fixo entrega dos trofeos a ambos os finalistas.

 

Fotos Tenis
Fotos Tenis