OBRADOIRO SOBRE ADICCIÓNS E DROGODEPENDENCIAS

O 20 de maio o Concello de Carral – Policía Local organiza no Edificio Social Toñito Espiñeira un taller sobre adiccións e drogodependencias impartido por membros de ACLAD, coordinadora de prevención e relator ex toxicómano rehabilitado, o responsable da Unidade Adscrita CNP da Policía Autonómica, coa presenza de profesorado do CPI Vicente Otero Valcarcel, Garda Civil e a propia Policía Local de Carral. Máis de 100 nenos de Educación Primaria e Secundaria poderon formular as súas dúbidas sobre o tema e escoitar de primeira man formas de prevención e orientación ante as drogas.

IMG_2672IMG_2668