O XOVES 29 HABERÁ UN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

posted in: Novas Concello | 0

TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.

O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.

Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.