O VI TORNEO DE VERÁN DE XADREZ DE CARRAL CELEBRARASE O 29 DE AGOSTO

posted in: Novas Concello | 0

Na 5ª edición foron máis de 40 os xogadores inscritos.

Cartel Torneo de ajedrez Un ano máis, e dentro da programación deportiva do verán, o Concello de Carral organizará o vindeiro sábado 29 de agosto unha nova edición do “Torneo de Xadrez de Verán”. Con esta, xa son 6 as edicións desta competición xadrecística que se consolida xa como un clásico dentro da programación municipal. O obxectivo fundamental que se marca a concellaría de deportes coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte minoritario como é o xadrez.

Na 5ª edición foron 45 os inscritos, procedentes de diferentes localidades da bisbarra (Carral, A Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes, etc.), número que, se agarda sexa superado nesta nova edición.

O torneo, que se disputará na biblioteca municipal, constará de 7 roldas, en partidas de 10 min. por xogador, divididos en 4 categorías (sub-12, sub-16, absoluto e mellor xogador local). Comezará arredor das 16.30 h e finalizará sobre as 20.00 h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

Para todos aqueles interesados en participar, poden inscribirse ata o día 28 de agosto dirixíndose á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672 580 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com.