O TORNEO DE TENIS DE CARRAL CUMPRE 15 ANOS

posted in: Novas Concello | 0

Na anterior edición deste torneo estival, foron un total de 24 os xogadores inscritos.

XV Torneo de TenisUn ano máis o  Concello de Carral convoca o torneo de tenis de verán, que se desenvolverá ao longo do mes agosto nas pistas municipais. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 27 de xullo para anotarse neste clásico torneo estival.

Os inscritos serán separados en dúas categorías; menores de 17 anos e maiores de 18.  En cada unha delas conformaranse grupos para a disputa dunha primeira fase de liguiña na que se enfrontarán todos contra todos e que durará desde o 1 ata o 20 de agosto. De aquí formaranse os cadros das fases finais en cada unha das categorías, que se disputarán desde o 22 de agosto ata o 1 de setembro, data nas que, a partir das 16.30  h, xogaranse a gran final de cada unha delas.

Os partidos disputaranse en horario de tarde-noite, podendo ser modificados as horas establecidos co acordo previo entre os opoñentes enfrontados.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de  carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un carácter gratuíto.

Para todos aqueles interesados poden informarse e inscribirse no Complexo Deportivo de Carral, no 981.67.25.80 ou no  mail deportes@carral.es.