O QUINTETO INVENTO OFRECE UN CONCERTO DE MÚSICA LATINOAMERICANA EN TABEAIO

quintetoinvento3O local Xente Nova de Tabeaio acollerá este sábado 9 de marzo un concerto do Quinteto InVento, cun repertorio de recoñecidas pezas latinoamericanas.

O concerto, que comezará ás 20:30 h, combinará obras orixinais con adaptacións que permitan escoitar grandes obras cunha nova sonoridade. Interpretarán obras de Astor Piazolla, Paquito d’Rivera, Vinicio Meza e Julio Medaglia, entre outros autores.

O Quinteto InVento é un grupo galego de música de cámara que xorde da amizade dos seus compoñentes, provenientes dalgunhas das principais orquestras de Galicia. O quinteto está formado por flauta, oboe, fagot, trompa e clarinete.

A entrada ao concerto é de balde. A Concellería de Cultura do Concello de Carral, organizadora do concerto, pide ao público puntualidade para evitar molestias unha vez iniciada a actuación.