O PROGRAMA DE CINE AO AIRE LIBRE REMATA CUNHA PELÍCULA DIRIXIDA POLO CARRALÉS XOSÉ ZAPATA

posted in: Novas Concello | 0

Linko-277059377-largeO ciclo Noite de Película ten as súas dúas últimas proxeccións esta semana no Campo da Feira. Hoxe luns 4 de setembro proxectarase Atrapa la bandera, película española de animación que conta a historia dun rapaz disposto de viaxar á lúa para evitar as intencións dun malvado multimillonario.

Mañá martes 5 de setembro preséntase en Carral a película de ciencia ficción Linko, dirixida polo carralés Xosé Zapata, xunto a Diego Calvo e David Valero.

No caso de que a meteroloxía sexa desfavorable para proxectar no exterior, as películas trasladaríanse ao edificio social Toñito Espiñeira.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofreceu un total de seis proxeccións no programa Noite de Película, sendo a metade delas de produción galega. Para levar a cabo esta programación contouse coa colaboración da Deputación da Coruña.