O GOBERNO LOCAL CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN PARA ESIXIR AO SERGAS A MELLORA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN CARRAL

O goberno local segue traballando para mellorar o servizo de pediatría do centro de saúde de Carral. Baixo esta premisa, o Concello convoca para mañá, mércores 8 de xullo ás 20.00 horas, unha concentración e manifestación fronte á Casa do Concello para reclamar esta petición.

Tal e como explican desde o goberno local, o motivo desta solicitude é, precisamente, a ausencia do pediatra desde o pasado 23 de xuño.

O acto arrincará ás 20.00 horas, e despois dunha concentración de 15 minutos, realizarase unha manifestación co seguinte percorrido: partirase en dirección á rúa Víctor Velasco, continuando pola rúa dos Mártires e terminando no panteón. Desde o equipo de goberno animan a todos os veciños e veciñas do municipio para sumarse a esta reivindicación “para defender os dereitos dos nenos e nenas de Carral”.

Se a situación non se reverte, a previsión do goberno é convocar novas concentracións nas próximas semanas.