O GOBERNO LEVARÁ A PLENO UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE PRETO DE 15.000 EUROS PARA PAGAR FACTURAS DOS SEUS ANTECESORES NO CONCELLO

posted in: Novas Concello | 0

O Concello celebrará mañá, xoves 26 de novembro, un pleno ordinario no que o goberno elevará un recoñecemento extraxudicial de créditos de preto de 15.000 euros. A aprobación desta proposta servirá para pagar facturas pendentes do anterior executivo de Carral. En concreto, a suma correspóndese coas facturas do Servizo de Axuda no Fogar entre os meses de febreiro e maio de 2019.

Trátase do segundo recoñecemento extraxudicial de créditos que o Concello presenta no que vai de ano. O primeiro, de 82.000 euros, aprobouse en xaneiro de 2020 e correspondíase tamén ao pago de facturas do goberno anterior –tratábase de cargos relacionados coa subministración eléctrica e o gasóleo, fundamentalmente-.

O coidado do medio ambiente, unha máxima

A sesión plenaria de mañá servirá, así mesmo, para aprobar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible –PACES-, un dos compromisos alcanzados polo Concello tras a súa adhesión ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía. Trátase dun documento estratéxico, non só para analizar as accións que o Concello levou a cabo para mitigar os efectos do cambio climático, senón tamén a liña de actuación dos próximos anos. O plan inclúe un Inventario de Emisións – IER-, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades #ante o cambio climático e unha relación de accións que o Concello deberá implementar para reducir as emisións de CO2 no territorio en, polo menos, un 40% ata 2030.

As medidas propostas polo Concello para reducir estas emisións baséanse nas seguintes actuacións: instalación de iluminación LED, colocación de placas solares, implantación de sistemas de alta eficiencia enerxética en sistemas de bombeo, formación de empregados municipais e veciños e veciñas, Plan de Movilidad Sostible e compostaxe.

Na mesma liña, o executivo propoñerá a aprobación inicial do Plan Municipal de Prevención contra vos Incendios Forestais. Neste documento delimítanse as zonas con maior risco, perigo ou vulnerabilidade #ante un incendio para unha maior prevención.

De aprobarse este documento, abrirase un período de información pública durante 20 días e, posteriormente, enviarase a solicitude de informa á Dirección Xeral de Defensa do Monte.