O DERRADEIRO CAMPAMENTO DE VERÁN ESTARÁ CENTRADO NO MEDIO AMBIENTE E NA RECICLAXE

posted in: Novas Concello | 0

Desde o Concello de Carral organizamos o derradeiro campamento de verán para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, entre o 17 de agosto e o 4 de setembro.

Neste campamento a temática será o medio ambiente e a recilcaxe, e os/as participantes realizarán actividades de concienciación ambiental e reciclaxe, así coma actividades multideportivas, socioculturais e tamén excursións.

O prazo de inscrición rematará o día 13 de agosto. As persoas que precisen máis información poderán chamar ao teléfono 981 67 25 80 ou enviar un correo a casadacultura@carral.es. ou no 981.11.70.20 e en omix@carral.es

 

Protocolo de seguridade

O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación. Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Estas actividades estanse a levar a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os participantes teñen que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.

Os cativos e cativas maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deben levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.

 Boletín de inscrición

 

Campamento Medio Ambiente e reciclaxe