O CONCELLO LEMBRA A MANUEL MARÍA NAS RÚAS DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de instalar por diversos lugares de Carral e Tabeaio, paneis divulgativos sobre Manuel María, autor ao que se lle está a dedicar Paneis Manuel María - Carral-2016- 02webo Día das Letras Galegas deste ano.

Os paneis ofrecen unha breve biografía do escritor da Terra Cha, así como a lembranza dalgúns momentos que Manuel María compartiu coas xentes de Carral, entre eles o acto de presentación da publicación da súa obra Abril de Lume e Ferro, ao que asistía tamén cando se comezou a representarse por parte dos veciños. Outro momento que se recolle nos paneis é cando recibiu un dos premios da Cultura e o Deporte concedido polo Concello de Carral.

A información complétase con dous poemas. O primeiro é o dedicado a Miguel Solís en Abril de Lume e Ferro, e o segundo é A Fala, no que chama a atención sobre a necesaria defensa do noso idioma.

O programa das Letras Galegas continuará a semana vindeira cunha sesión de contacontos na Biblioteca municipal coa Ratiña Carolina, e o acto central do Certame de Poesía Concello de Carral, o venres 27 de maio, no que se entregará o premio a Modesto Fraga e se presentará a publicación do libro gañador na pasada edición, Soño e vértice de Eva Veiga.