O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DA SENDA CIRCULAR DOS MUÍÑOS DO BATÁN

posted in: Sin categoría | 0

O Concello de Carral iniciou os traballos de recuperación e adecuación da senda circular dos Muíños do Batán, un dos espazos máis visitados tanto polos propios veciños do municipio como polos visitantes.

Os traballos para levar a cabo inclúen unha roza respectuosa coas especies protexidas, retirada de troncos mortos, apeo de árbores que teñan risco de caída e o acondicionamento xeral da propia senda.

Desde o goberno local explican que o obxectivo desta actuación de mantemento e apertura do roteiro, sumada a outras similares, é “poñer a punto todos os nosos espazos naturais para o goce dos veciños e veciñas de Carral”.