O CONCELLO E OS ALUMNOS DO IES DE CARRAL VÍSTENSE DE VIOLETA PARA AMOSAR A SÚA REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

posted in: Novas Concello | 0

Un ano máis, o Concello e o IES de Carral uníronse para mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero. Fixérono a través dun acto conxunto que levou a cabo o luns 26 de novembro na Casa Consistorial e no que participou todo o alumnado do instituto e representantes do goberno local.

Durante o acto, varios mozos entoaron o Let it be acompañados polo son das guitarras e ukeleles e realizaron lecturas de textos e poemas.

Así mesmo, o alumnado aproveitou a ocasión para exhibir pancartas en contra desta secuela e a favor da igualdade de xénero. ‘ Non máis violencia de xénero’ ou ‘ Non á violencia, nin unha máis’ foron tan só algúns das mensaxes que os mozos mostraron na cartelería.