O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE O TEATRO DE MANUEL MARÍA

posted in: Novas Concello | 0

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Fundación Manuel María, a Asociación Cultural Abril de Lume e Ferro e a Deputación Provincial da coruña, organiza unhas xornadas para analizar o teatro escrito por Manuel María, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas neste ano.

O programa inclúe relatorios de Pilar García Negro e Henrique Rabuñal, a presentación dunha nova edición do libro Abril de Lume e Ferro e unha mesa redonda na que participarán directores de teatro que traballaron a dramaturxia de Manuel María.

As xornadas terán lugar na tarde-noite do venres 17 de xuño e na mañá do sábado 18 de xuño. Para asistir as persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura (tel. 981 672 580). A inscrición é de balde.

Pódese descargar o Programa Xornadas O teatro de Manuel María.