O CONCELLO DE CARRAL E O CLUB MARINEDA OFERTAN CURSOS DE TENIS PARA ESTE VERÁN

posted in: Novas Concello | 0

Un ano máis, Carral contará cunha oferta de cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto. Estas clases nacen da colaboración entre o concello da localidade e a Escola de Tenis Marineda, e nelas os alumnos poderán iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades coa raqueta.

As idades dos participantes partirán dende os 5 anos en diante. Haberá niveis de iniciación e perfeccionamento para que todos os afeccionados teñan a opción de internase neste deporte. Segundo as idades e o nivel dos alumnos/ás faranse distintos grupos, en horario de luns e mércores de 18.30 a 19.30 ou de 19.30 a 20.30.

En cada grupo, as prazas estarán limitadas a 10 alumnos/ás, de forma que proceso de ensino e aprendizaxe sexa máis efectivo. Ademais as clases serán impartidas por monitores titulados da escola de tenis Marineda nas pistas municipais de tenis de Carral.

O custo dos cursos será de 22 € por alumno e mes. Todo aquel que estea interesado pode informarse, ata do 30 de xuño, na Casa da Cultura de Carral, no Centro Deportivo, no tlfo. 981.67.25.80.