O CONCELLO CONVOCA CONCURSOS DE POESÍA PARA OS ESTUDANTES DE CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de convocar dous concursos de poesía para o alumnado do colexio Vicente Otero e do instituto da ESO. Esta convocatoria Logo 20 anos poesía Carralfaise enmarcada na celebración do vixésimo aniversario do Certame de Poesía Concello de Carral e despois de que boa parte do alumnado participara en obradoiros de poesía impartidos por Dores Tembrás.

Existe un concurso para cada centro de ensino, na que a diferenza entre eles non é máis que a extensión mínima dos poemas. Todos os participantes recibirán agasallos e os tres mellores poemas de cada centro recibirán como premio un altofalante Bluetooth.

Para presentar os seus orixinais, os participantes poden facelo nos propios centros ou na Casa da Cultura ata o 29 de abril.

Con esta actividade o departamento de Cultura quere aproveitar o prestixio acadado polo certame Concello de Carral, para que a poboación de municipio, e en especial os máis novos, se acheguen tamén á poesía.

Con respecto ao certame para adultos, o prazo remata o vindeiro 8 de abril. Xa son numerosos os exemplares participantes, mais agárdase que na vindeira semana a cifra de poemarios supere os 60.

Bases concurso escolar poesía 2017

Bases concurso xuvenil poesía 2017