O CONCELLO CONCLÚE AS OBRAS PARA CUBRIR E INSTALAR A ILUMINACIÓN NAS PISTAS DE PÁDEL

posted in: Novas Concello | 0

Tal e como sinalan desde o equipo de goberno, o obxectivo destas actuacións foi a garantir que os veciños e veciñas de Carral poidan facer un maior uso destas instalacións deportivas.

As pistas de pádel do Complexo Deportivo de Carral locen, desde hai uns días, unha imaxe completamente renovada. O Concello de Carral acaba de concluír as obras para instalar a cuberta e a nova iluminación nestas instalacións deportivas. Tal e como indican desde goberno local, o obxectivo destas actuacións foi sacarlle ás pistas o seu máximo rendemento, de maneira que os veciños e veciñas do municipio póidanas utilizar ao longo de todo o ano. Así, independentemente da época do ano e das condicións climatolóxicas, os carraleses e carralesas poderán empregar estas instalacións.

O proxecto incluíu a realización dunha cubrición das dúas pistas consistente nunha cuberta de chapa grecada con curva autoportante e sustentada por alicerces metálico se vigas en todo o perímetro. Deste xeito, o corredor que separa ambas as pistas queda tamén resgardado. Con todo, o plan inicial non contemplaba a instalación de iluminación, razón pola que o goberno local tivo que incrementar o orzamento inicial para incluír tamén estas intervencións. Con este engadido, o espazo poderá empregarse non só con condicións meteorolóxicas adversas, senón tamén durante un maior número de horas ao día.

Ademais de incrementar o uso destas instalacións, o proxecto garantirá a maior durabilidade deste espazo deportivo.

As pistas se reinaugurarán coa celebración do IV Torneo de Pádel por Parellas do Concello de Carral.

 

FOTO CARRAL-El Concello concluye las obras para cubrir e instalar la iluminación en las pistas de pádel 2