O CLUB DE LECTURA DE CARRAL RETOMA AS SÚAS SESIÓNS

posted in: Novas Concello | 0

O Club de Lectura de Carral comeza de novo as súas xuntanzas. As sesións do club celébranse quincenalmente, os mércores en horario de 19:00 a 20:30 horas e fórmano un grupo de persoas que gozan coa lectura e comparten as súas opinións arredor dos libros.

Os interesados en participar poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 981 672 580.