O CLUB DE CHAVE DE CASA COUTO CONSEGUE PRIMEIRO TROFEO DE NADAL DE CHAVE

A Concellería de Deportes, organizou este domingo 27 o 9º Torneo de Chave de Nadal.

SONY DSC

Chave

Dentro da programación deportiva de Nadal, este domingo tivo lugar a IX edición do Torneo de Nadal de Chave que organiza o Concello de Carral. O obxectivo desta actividade é o de fomentar a amizade e a unión entre as diferentes parroquias da localidade, á vez que a promoción deste xogo tradicional, moi arraigado no municipio.

 

Coa escusa do parón do Nadal nas diferentes ligas federadas, ao redor de 40 deportistas aproveitaron para xuntarse e gozar dunha mañá de xogo neste último encontro ?chaveiro? do ano.

 

O peculiar desta edición é que serviu para concluír a última xornada do torneo de verán que, a causa do accidente do Rallye da Coruña, non se puido disputar no seu momento. Así, neste torneo levaron a cabo os enfrontamentos da última xornada do torneo interparroquial de chave de verán que enfrontou ao Casa Couto (52) vs San Vicente (26) e ao Quembre (60) vs Cañás (29). Despois de hora e media de xogo desta última xornada, os resultados do campionato foron os seguintes:

 

1º Club Casa Couto, que con pleno de vitorias (3), 6 puntos e 186 chaves conseguiu o seu primeiro torneo de Nadal.

2º Club de Chave Pazo de Quembre, que con 2 vitorias, 4 puntos e 182 chaves, iguala o posto da edición anterior.

3º Cañas, con 1 vitoria, 2 puntos e 116 chaves, queda na terceira posición.

4º San Vicente, (novatos do torneo) que con 0 puntos e 59 chaves pecha a clasificación.

 

No relativo ao Máximo Chaveiro do campionato, o trofeo foi a caer en mans do xogador do Casa Couto, Vilares, con 40 chaves.

 

Todos estes xogadores tomaron parte nunha competición amigable na que despois da entrega de trofeos a cargo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira, tal e como é tradicional no mundo da chave, todos os participantes gozaron duns aperitivos.

Fotos

Fotos