O CICLO DE TEATRO DE OUTONO PRESENTA SEIS ESPECTÁCULOS EN TABEAIO

posted in: Novas Concello | 0

A compañía Contraproducións abrirá o ciclo Teatro de Outono de Carral coa representación da obra Fillos do Sol. Será este sábado 6 de outubro en Tabeaio.Feira 2

Como cada ano, a Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Deputación da Coruña co seu programa Rede Cultural, leva a cabo no último trimestre do ano unha programación de artes escénicas na que presenta obras de compañías profesionais e afeccionadas, con espectáculos de comedia, dramáticos e de maxia. Na edición de 2018 serán seis as funcións que se leven a cabo no local Xente Nova de Tabeaio: Fillos do sol – Contraproducións (sábado 6 de outubro), Será por camiños – Grupo Teatro Escola Narón (sábado 20 de outubro), Linguado país (maxia) – Martín Camiña – Ilusionista (sábado 3 de novembro), O caso é ter saúde – Malasombra Producións (sábado 17 de novembro), Helena, xuízo a unha lurpia – Teatro do Atlántico (sábado 24 de novembro), Politicamente incorrecto – Sal-Monela Teatro (sábado 1 de decembro).

Todas as funcións comezarán ás 20:30 h. e a entrada será de balde.

A obra deste sábado, Fillos do sol, está escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o poeta Eduardo Pondal, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado.

Cartel ciclo teatro 2018w