O CICLO DE CINE DA CASA DA CULTURA CONTINÚA CUNHA COMEDIA DE ACCIÓN

posted in: Novas Concello | 0

Kingsman. Servicio Secreto é a terceira película que a Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece no ciclo de cine de outono na Casa da Cultura.kingsman 3

Esta comedia de acción conta como un veterano axente espía inglés (Colin Firth) ten que adestrar a un rapaz da rúa (Taron Egerton) para convertelo nun competitivo membro da organización de espías e enfrontarse á ameaza global que lidera un peculiar e perigoso xenio da tecnoloxía (Samuel L. Jackson).

Esta é unha entretida película dirixida por Matthew Vaughn, na que hai aparicións de celebridades como Elton John ou David Beckham.

A proxección comezará ás 20:30 h. de mañá venres, 4 de novembro, con entrada de balde. É aconsellable retirar previamente as entradas, xa que as localidades son limitadas. Este é un filme calificado como non recomendado para menores de 16 anos.