O CARRALÉS JAVIER BAO CASTELO PRESENTA O SEU LIBRO “DÉJATE DE HISTORIAS”

posted in: Novas Concello | 0

Javier BaoJavier Bao Castelo, natural de Tabeaio, ven de publicar na editorial Albores o libro Déjate de historias, un conxunto de 11 relatos de amor, odio, fracasos, ilusións…

A presentación terá lugar o xoves 6 de abril ás 20:30 h. na Casa da Cultura. A entrada é libre e as persoas asistentes terán a posibilidade de adquirir o libro e que lle sexa dedicado polo autor.