O CANTANTE MANOLO COUTO PRESENTA O SEU ÚLTIMO DISCO NO TOÑITO ESPIÑEIRA

posted in: Novas Concello | 0

Manolo CoutoO cantante galego Manolo Couto ofrecerá un concerto presentación do seu cuarto disco “Tesoros ocultos” o sábado 16 de xullo, ás 21:00 h, no edificio social Toñito Espiñeira.

A entrada é libre e os asistentes poderán levar o disco dedicado.

Manolo Couto leva desde o ano 1975 no mundo musical como membro de diversas orquestras.  Nos últimos anos centra a súa carreira, ademais de ofrecer concertos, na composición de cancións.