O ALCALDE, XUNTO CON OUTROS MEMBROS DO GRUPO DE GOBERNO, VISITAN ÁS PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO

posted in: Novas Concello | 0

O alcalde do Concello de Carral e membros do goberno local visitaron ás persoas maiores do municipio, un dos colectivos máis vulnerables fronte ao coronavirus.

Con estas visitas buscouse cumprir varios obxectivos: comprobar como se atopan os veciños e veciñas máis maiores do municipio,  saber se precisaban algo e informarlles, persoalmente, do servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade como alimentos e medicamentos –unha prestación que o Concello ofrece desde o inicio do confinamento-.

Por último, o goberno local tamén lles entregou aos veciños e veciñas máis maiores material de protección, como máscaras e guantes.

 

FOTO CARRAL- Visitas as persoas maiores do municipio 1