NOVA EDICIÓN DA CRONOESCALADA AO XALO

posted in: Novas Concello | 0

Para esta 4ª edición son xa 60 os ciclistas inscritos nesta proba ciclista de verán.

 
CronoescaladaUnha total de 60 ciclistas de distintos puntos de Galicia tomarán parte nesta 4ª edición da Escalada Ciclista ao Monte Xalo.

Esta competición, organizada pola Pena Ciclista Monte Xalo coa colaboración do Concello de Carral, arranca este sábado 8 de agosto a partir das 17.00 h. A proba consta de 8,6 km que se inician no Campo da Feira de Carral e discorren cara ao Monte Xalo pasando polas poboacións de Cabrois e Castelo.

Con pendentes máximas do 14%, esta é unha das probas máis duras e, pola beleza da paraxe natural na que se desenvolve, ao mesmo tempo unha das máis atractiva do calendario ciclista do verán.

O tempo a bater por todos os participantes posúeo Ramón Roel, do Club Ciclista de Betanzos, que completou o percorrido en 19 minutos e 44 segundos xa na segunda edición. Debido ao gran nivel dos corredores inscritos, é probable que este ano se consiga mellorar esta marca.

Para máis información poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou ao teléfono 619.95.61.26.