NACE UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA EN CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

A Asociación Cultura Aberta de Carral, en colaboración coa Concellería de Cultura, ven de publicar as bases do seu primeiro concurso fotográfico, que leva o nome de Manuel manuel ferrolFerrol, o fotógrafo da emigración que contou con estudio en Carral.

O certame reparte 600 € en premios, e nesta primeira edición está dedicado ao retrato, modalidade na que foi especialista Ferrol. Poden participar fotógrafos afeccionados ou profesionais presentando fotos en papel, cun tamaño de 30×40 cm montadas nunha cartolina de 40×50 cm. Achegará ademais unha copia en formato dixital. O prazo para presentar obras remata o 27 de decembro.

Coas obras gañadoras e unha selección que realice o xurado, Cultura Aberta realizará unha exposición no edificio social Toñito Espiñeira.

Bases do Concurso Fotografía Manuel Ferrol