MÚSICA, MAXIA E TEATRO PARA AS TARDES DAS FESTAS DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para Cultura nas Festas Socorro 2019.esta semana.

O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A función comezará ás 18:00 h. con entrada libre e aforo limitado.

O venres á mesma hora, no Campo da Feira diante da Casa do Concello, Pakolas ofrecerá un espectáculo con cancións dirixidas a público infantil. No mesmo emprazamento e á mesma hora, o sábado chega Culturactiva cunha comedia gastronómica titulada Saaabor!, protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez.

O domingo remata esta programación cultural cun concerto do grupo galego The Cerne, interpretando clásicos do rock, do soul e do blues. A actuación comezará ás 19:00 h. no Campo da Feira.

Para facer posible esta programación, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Agadic e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

O departamento de Cultura convida a todos e todas a gozar das festas e das diversas manifestacións culturais que nelas teñen cabida.