MODESTO FRAGA E EVA VEIGA SERÁN OS PROTAGONISTAS DO ACTO DO PREMIO DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”

posted in: Novas Concello | 0

MAQUETA DE POESÍA.qxdO alcalde José Luis Fernández Mouriño presidirá o acto de entrega do premio de poesía Concello de Carral, que terá lugar o venres 27 de maio na Casa da Cultura, ás 20:30 h.

No acto, no que tamén está prevista a asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, farase entrega do premio da 19ª edición do certame a Modesto Fraga, que gañou co seu libro Devalar sen pel. O premio consiste en 2500 euros e a publicación da obra por parte de Edicións Espiral Maior.

O mesmo acto servirá para presentar o libro que obtivo o premio no 2015, do que é autora Eva Veiga e que se titula Soño e vértice. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral na edición deste poemario, unha cooperación que se ven mantendo desde anteriores edicións do certame.

Ademais dos premiados,  tamén estarán presentes o escritor e director de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e o crítico literario Armando Requeixo. O acto pecharase coa actuación musical de 2naFronteira.

O Concello de Carral agasallará aos asistentes co libro de Eva Veiga.