MEDIO CENTENAR DE XADRECISTAS PARTICIPARÁN NO XVIII TORNEO DE NADAL DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Son xa 50 os xogadores inscritos neste clásico torneo do Nadal.

31846158811_3e24584a84_kDentro da programación deportiva do Nadal, o Concello de Carral, organizará este sábado 22 de decembro o ” XVIII Torneo de Xadrez de Nadal”, que terá lugar na Biblioteca Municipal.

Esta nova edición destaca pola mocidade dos participantes inscritos, xa que máis do 50 % dos mesmos son menores de 14 anos. A procedencia é variada, desde as localidades veciñas como Carral, Cambre, A Coruña, Arteixo, Betanzos e Ordes, ata outros puntos xeográficos máis afastados, como Ponteceso, Val do Dubra, Carballo, Santiago, Boiro e Lugo.

O torneo constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10  min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías ( sub-10,  sub-14, absoluto e mellor local). Comezará ás 16.00  h e finalizará ao redor das 20.00  h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

O obxectivo fundamental que se marca o goberno municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte tan “minoritario” como é o xadrez.

Para todos aqueles interesados en participar, o prazo de inscrición terminará o próximo 21 de decembro, e poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no e-mail deportes@carral.es.