MEDIO CENTENAR DE ARQUEIROS PARTICIPARON NO TORNEO DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O municipio carralés celebrou este sábado a 10ª edición deste torneo do Nadal.

SONY DSC

O sábado 16 de decembro, disputouse no pavillón municipal de Carral a décima edición do trofeo de tiro con arco  Concello de Carral. Este evento foi organizado polo Concello de Carral e o club Arqueiros do  Adarve e o seu principal obxectivo foi o fomento dunha práctica deportiva saudable entre os máis novos. Nel inscribíronse 50 arqueiros distribuídos en 9 escolas deportivas de diversos puntos da xeografía galega (A Coruña, Teo, Arzúa, Ordes, Laracha, Vimianzo, Betanzos, Lugo e Carral).

O evento comezou sobre as 17.00  h. con arqueiros de idades comprendidas entre os 7 e os 55 anos. A competición, cun formato por puntuación, constou de 7 categorías que agruparon a todos os arqueiros; Esquío,  Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadete, Noveis (masculino e feminino) e  Sénior (masculino e feminino).

 

Despois dunha hora e media de competición, os resultados foron os seguintes:

SONY DSC

Campión esquio……………………………. Jorge Lorenzo Nogueira-Betanzos (271 ptos)

Campioa benxamín………………………. César Vázquez Fernández – Lugo (330 ptos)

Campioa alevín……………………………. Lourdes Loureiro Casás – Laracha (307 ptos)

Campión infantil……………………………. Agustín Pantín Cadilla-Betanzos (271 ptos)

Campioa cadete…………………………… Laura Toja Martínez – Laracha (238 ptos)

Campioa novel feminina……………….. Pilar Candal Brandariz – Ordes (260 ptos)

Campión novel masculino……………… Jorge Gándara Naveira – Betanzos (268 ptos)

Campioa sénior feminina……………….. Ana Villar Fernández – Lugo (232 ptos)

Campión sénior masculino……………… Ángel Mallo Espasandín – Adarve (305ptos)

Ao terminar o acto, ao redor das 19.15  h, todos os participantes puideron degustar uns “entremeses” ofrecidos polo club  Adarve, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos dos arqueiros fíxose entrega dos trofeos aos mellores en cada categoría.