IOGANDO COAS EMOCIÓNS EN FAMILIA, A VINDEIRA ACTIVIDADE DO PROGRAMA EDUCANDO EN VALORES

posted in: Novas Concello | 0

O programa Educando en valores organizará o obradoiro Iogando coas emocións en familia, que busca aumentar o benestar persoal dos nenos e nenas e das súas familias a través da creación de espazos de calidade nos que realizar actividades conxuntas que teñan a súa base na educación emocional, no ioga e o mindfulness -técnica de relaxación que ensina a tomar conciencia das nosas emocións para eliminar a frustración e ansiedade-.

Trátase dunha oportunidade para mellorar o vínculo familiar e afectivo, coñecerse un pouco máis, aprender xuntos e xuntas e, sobre todo, gozar dun bo rato.

A actividade terá lugar este sábado, 9 de maio, de 11.00 a 12.15 horas. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente a través das seguintes vías: