INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EDUCANDO EN VALORES DO CONCELLO DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O programa Educando en valores do Concello de Carral leva seis anos desenvolvéndose nos niveis de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Esta iniciativa segue en funcionamento aínda na crise sanitaria actual co fin de resultar de utilidade para as familias do municipio. Baixo esta premisa, poranse en marcha as seguintes accións dirixidas ao alumnado e tamén ás familias:

  • A miña caixa de ferramentas 3.0

Cada semana enviarase a través do correo electrónico do alumnado (en coordinación coas persoas titoras) unha proposta de actividade para facer (que poden ser un xogo, unha historia, ou un enlace para ver un vídeo, escoitar un audio…) relacionada cos contidos do programa.

  • Rede de apoio para o alumnado

a) Correo electrónico para consultas coa educadora:

Ao mellor algún/ha de vós neste momento precisades apoio para resolver algún conflito que se vos presente: situacións que vivides coa vosa familia; conflitos que teñades cos/as compañeiros/as polas redes sociais ou por teléfono; ou simplemente vos apetece compartir con alguén os vosos medos, os logros e aprendizaxes que estades facendo, ou as vosas inquedanzas. Nese caso poderedes contactar comigo a través do enderezo electrónico: educacionenvalorescarral@gmail.com .

Tamén se simplemente che apetece saudarme e dicirme como estás levando isto ou se queres consultarme cousas sobre os exercicios que vos vou propoñendo semanalmente podes escribirme aí.

b) Equipo de apoio entre iguais 3.0

Se neste momento no que tes máis tempo dispoñible che apetece axudar a outras persoas a poder sobrelevar mellor esta situación ponte en contacto comigo e entre todxs buscaremos formas de facelo.

A idea é crear un grupo de máximo 20 alumnos/as c@s cales deseñar e crear actuacións para apoiar a outros/as alumnos/as ou incluso a outras persoas de fóra do centro. Algúns exemplos poden ser: crear grupos de apoio para axudar coas materias académicas; crear grupos para compartir aficcións ou cousas que se nos dan ben: crear unha pequena revista ou canle con información e recursos interesantes, poñernos en contacto con persoas que se senten soas neste momento, etc

Se che gusta axudar ás demais ou se tes algunha habilidade que poder compartir, (escoitar, falar, debuxar, escribir, deseñar no ordenador, as redes sociais, sacar fotos, organizar, cantar, bailar, compoñer, as manualidades, a cociña, algún deporte, xogos, controlas moito dalgunha materia ou dalgún tema…) desexo poder contar contigo para este equipo.

  • Actividades en familia online: ‘Iogando coas emocións’ 

Trátase de talleres nos que participarán as familias e tamén as nenas e nenos a través de xogos, contos, cancións, exercicios de relaxación, estiramentos, etc Nestas sesións trabállase a intelixencia emocional dun xeito lúdico e ameno, e se procura ofrecer ferramentas que podan ser utilizadas no día a día polas familias.

A forma de facelo será a través dunha plataforma de videoconferencia, neste caso Zoom. A duración da sesíon sería de entre unha hora e unha hora e cuarto, dependendo das idades, e realizaríase cada 15 días.

So se realizará se hai un mínimo de 10 familias.

A primeira sesión está establecida para o sábado 9 maio de 11 a 12:15 da mañá. Para inscribirse podedes escribir ao correo electrónico detallado máis abaixo.

  • Vídeos ou audios para familias sobre educación emocional:

Cada semana colagarase un vídeo ou audio nesta páxina no que se falará de educación emocional ou no que se propoñan exercicios e xogos para facer coas crianzas en relación á intelixencia emocional, a comunicación, etc.

Para as posibles dúbidas que poidan xurdir nas familias respecto aos exercicios e actividades propostas ou respecto aos desafíos diarios respecto a educación emocional dentro do ámbito familiar podedes utilizar o seguinte enderezo electrónico: educacionenvalorescarral@gmail.com.

Información sobre o programa Educando en valores Concello de Carral