I CARREIRA BENÉFICA IES DE CARRAL

O concello de Carral e o IES de Carral organizarán o próximo 26 de novembro a 1ª edición da carreira na que se espera xuntar a máis de 350 corredores.

Cartel Carrera Noviembre comprimidoO concello de Carral e o IES de Carral, están a preparar a I CARREIRA BENÉFICA IES DE CARRAL prevista para o día 26 de novembro. Esta carreira popular nace co dobre obxectivo de fomentar a práctica deportiva saudable e o de recadar fondos para as saídas culturais dos alumnos e alumnas do centro educativo. Ademais, desde o departamento municipal de deportes e o departamento de educación física do Centro preténdese achegar o mundo da xestión e organización deportiva, aos alumnos de secundaria que participarán no evento como voluntarios.

Os corredores dividiranse en 8 categorías en función das súas idades, que poderán abarcar desde os 3 anos en diante, e que determinará a distancia da súa carreira. Así, os pitufos e prebenxamíns disputarán unha distancia de 100 metros; os benxamíns correrán xa os 400 metros; os alevíns correrán nun circuíto de 800 metros; infantís correrán ao longo de 1.600 m; cadetes 2.500 m; e xuvenís e sénior que terán que percorrer unha distancia aproximada de 5.000 m. Estes percorridos discorren enteiramente por estradas do concello de Carral, transitando polos lugares de Carral, Ans e Paleo.

Portada ReglamentoOs máis pequenos empezarán a correr ás 15.30 da tarde sucedéndose cada 15 minutos as seguintes categorías, ata chegar ás 17.00, momento no que está previsto que arrinquen a distancia de 5 km.

Durante o transcurso das probas deportivas, as estradas estarán cortadas ao tránsito dos vehículos por voluntarios, a policía local e protección civil de ambos os concellos. Espérase que en 3 h as vías volvan estar operativas.

RegulamentoA inscrición vai desde os 0€ dos máis pequenos aos 5 € da proba de 5 km. Tamén é posible colaborar sen competir, xa que aqueles interesados poden participar co dorsal 0, no que o público pode doar a cantidade económica que desexe para colaborar co obxectivo da carreira. Os beneficios da carreira destinásense a financiar as saídas culturais dos alumnos e alumnas do Centro Educativo.  Para formalizar a inscrición os interesados terán que dirixirse á páxina https://championchipnorte.com/  onde teñen toda a información da proba.