GRAN PARTICIPACIÓN NO XVII TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL.

posted in: Novas Concello | 0

50 xogadores tomaron parte deste xa clásico torneo do Nadal. 

SONY DSC
Premiados no Torneo

Este sábado, tivo lugar na Biblioteca Municipal a  XVII edición do Torneo de Nadal de Xadrez organizada polo Concello de Carral. Nesta competición, xa clásica nas datas nas que nos atopamos, reuníronse un total de 50 competidores de toda a xeografía galega (Carral, A Coruña, Cambre, Arteixo, Oroso, Santiago, Pontedeume, Betanzos,  Pontevedra, Lugo, etc). Estes datos veñen confirmar a consolidación desta actividade como unha das máis participativas da programación deportiva de Nadal.

SONY DSC

O torneo iniciouse ao redor das 16.45  h e constou de 7 roldas de 10  min. por xogador cun incremento de 2 segundos. A sétima e última partida terminou ás 20.15  h, tras a cal David Suárez Rozas (Vilagarcía- Club  FonteCarmoa) proclamouse campión absoluto do torneo, xusto por diante de Adolfo da Pena e José Luís Castelo Ramos (A Coruña- Clubexa). En canto á categoría  sub-14 o triunfador foi  Olivier Rocha González (sexto na xeral a pesar de ter só 10 anos). A segunda posición da categoría foi para Daniel Fraga (Club Arteixo), xusto por diante de Alfonso Sánchez (Club Oroso). Por último, en canto á categoría  sub-10, o campión foi Alejandro

SONY DSC

Rama Rodríguez (Club Arteixo). A segunda e terceira posición da categoría foi para  Iago Allegue (Sada- Club  Smyslov)Giselle Rocha respectivamente.  Finalmente, o premio ao mellor xogador local recaeu en José Fernández Lendoiro, décimo na xeral e un veterano participante deste torneo.

Ao rematar todos os encontros, fíxose entrega dos premios aos gañadores e medallas de participación a todos os menores de 10 anos.