FRANCISCO PEDREIRA REVALIDA TÍTULO NO TORNEO DE XADREZ DE NADAL

posted in: Novas Concello | 0

O xogador de Cambre, con 4 trofeos,  convértese no máis laureado desta competición.

Un ano máis e dentro da programación do Nadal, o Concello de Carral organizou este sábado 17 de decembro a 16ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.

O torneo, que se disputou na biblioteca municipal, reuniu a 50 xogadores afeccionados a este deporte provenientes de toda a comarca Coruñesa (Cambre, Culleredo, Arteixo, Coruña, Betanzos, Carral, etc). Constou de 7 roldas, en partidas de 10 minutos cun incremento de 2 segundos por xogador. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-10,  sub-14, absoluto e mellor local). A competición deu comezo sobre as 16.30 h e finalizou contorna ás 20.30 h, momento no concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos aos gañadores.

Os campións desta 16º edición foron:

20161217_201914

Categ. Absoluta

1º- Francisco Pedreira Giralda

2º – Manuel Muñoz Vidal

3º- Daniel González Eirís

 

Categ. Sub 14:

1º- Sabela Igrexas González (7ª na xeral)

2º- Belarmino García (campión sub-10 en 2015)

3º- Martín Pena Varela

 

Categ. Sub 10:

1º- Alejandro Rama Rodríguez

2º- Mario Mañá Pedreira

3º- Oliver Rocha González

SONY DSC
Mellor Local

 

Categoría Mellor Local:

1º- Marcos Sánchez Astray (11º na xeral)

 

 

 

 

 

SONY DSC
Fran Pedreira

 

O gañador absoluto, Francisco Pedreira, conseguiu onte o seu 4º trofeo de campión neste torneo do Nadal, converténdose así no xogador máis galardoado na historia do campionato. O xogador da Escola de Xadrez de Sigrás  (Cambre) levantouse todo o máis alto da clasificación cedendo só unha partida en táboas das 7 que disputou. Outro dato para destacar do torneo foi o alto número de nenos participantes nesta edición (un total de 30).