FRANCISCO PEDREIRA CONSEGUE O 15º TORNEO DE XADREZ DE NADAL

posted in: Novas Concello | 0

O xogador do club de xadrez de Sigrás fíxose co trofeo de campión tras conseguir o pleno de vitorias no torneo.

SONY DSC
XV Torneo de xadrez de Nadal. Carral 2015

Un ano máis e dentro da programación do Nadal, o Concello de Carral organizou este sábado 19 de decembro a 15ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.

O torneo, que se disputou na biblioteca municipal, reuniu a 48 xogadores afeccionados a este deporte provenientes de toda a comarca Coruñesa (Cambre, Culleredo, Arteixo, Coruña, Betanzos, Carral, etc). Constou de 7 roldas, en partidas de 10 minutos cun incremento de 2 segundos por xogador. Os participantes dividíronse en 5 categorías (sub-10, sub-12, sub-14, absoluto e mellor local). A competición deu comezo sobre as 16.30 h e finalizou contorna ás 20.30 h, momento no concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos aos gañadores.

 

Os campións desta 15º edición foron:

Categ. Absoluta

1º- Francisco Pedreira Giralda

-Antonio Hidalgo Romero

– Julián del Rio Rey

 

Categ. Sub 14:

– Martín Pena Varela (3º na  xeneral)

– Brais Hidalgo Mera

– Rafael Sánchez García

 

Categ. Sub 12:

– David Buitrón Ramil (8º en la general)

– Claudio Reboredo Martínez

3º- Artai Duarte Prieto

 

Categ. Sub 10:

– Berlarmino García Camina

– Martín Aparicio Castro

3º- Iago Hidalgo Mera

 

Categoría Mellor Local:

– Diego Bermúdez Deschamps

 

 O campión, Francisco Pedreira, que posúe xa 2 trofeos de campión deste torneo en edicións anteriores, conseguiu esta nova vitoria gañando aos 7 rivais nos que se enfrontou. Hai que destacar tamén o alto número de nenos participantes nesta edición (un total de 30).

 

Fotos
Fotos