FINALIZA O OBRADOIRO DE EMPREGO “ATENCIÓN Á DEPENDENCIA NO FOGAR E NAS INSTITUCIÓNS”

Rematando o mes de febreiro, conclúe o Obradoiro de emprego “Atención á dependencia no fogar e nas institucións” realizado en convenio entre os Concellos de Abegondo, Carral, Bergondo e Mesía grazas á financiación da Xunta de Galicia.

Durante seis meses recibiron formación teórica e práctica 20 persoas desempregadas dos diferentes concellos colaboradores.  Acadaron os certificados de profesionalidade de :

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio de 600 horas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais  de 450 horas.

A data actual xa existen insercións laborais de participantes neste obradoiro, unha área na que as ofertas de emprego están presentes na sociedade actual.

Xa se está traballando para solicitar un novo Obradoiro de emprego, esta vez dirixido á mocidade, tamén coa colaboración institucional deste concellos e sumándose un novo concello que é  Oza-Cesuras.

Dende os Concellos trabállase por obter financiación e recursos para a mellora da inserción laboral das persoas  desempregadas.

IMG_8160 IMG_8162 IMG_8166 IMG_8169 IMG_8159