ENTREGA DE PREMIOS DA XIII EDICIÓN DO TORNEO DE TIRO OLÍMPICO DE CARRAL

Case 40 tiradores tomaron parte neste campionato que se prolongou durante todo o ano 2015.

Tiro OlímpicoEste sábado terá lugar a entrega dos premios do XIII Torneo de Tiro Olímpico de Carral. Este evento deportivo que se disputou ao longo do ano 2015 (o segundo sábado de cada mes entre as 16.00 h e as 19.00 h) foi organizado polo Club de Tiro Olímpico da localidade coa colaboración do Concello de Carral. Nesta XIII edición, participaron 37 tiradores de toda a provincia divididos en 12 categorías diferentes, que abarcaron todas as idades e ambos os xéneros.

 

O pasado 12 de decembro disputouse a duodécima e última xornada da edición 2015, que arroxou estes resultados:


Modalidade de pistola precisión:

Categoría sénior:

  1. David Iglesias Mosquera (Club El Castro)
  2. Jorge Sánchez Álvarez (Club El Castro)
  3. Alberto Troiteiro Liñares (Santiago)

 

Categoría veteranos A:

  1. Manuel Méndez Vázquez (Carral)
  2. Luis García Guillín (Carral)
  3. Antonio del Rio Souto (Santiago)

 

Categoría veteranos B:

  1. José Manuel Álvarez Suárez (El Castro)
  2. Juan Manuel González Fontán (El Castro)
  3. Santiago Otero Varela (Santiago)

 

Categoría cadete:

  1. Brais Canto Castañal (San Froilan)

 

Categoría veteranas A:

  1. Mª Isabel Vázquez Cedeira (Carral)

 

Categoría damas:

  1. Mª Cruz Ares Varela (Carral)
  2. Pilar López Sar (El Castro)
  3. Andrea Barrio Arias (Aeroclub)

 

Modalidade de pistola estándar:

Categoría sénior:

  1. Jorge Sánchez Álvarez (Club El Castro)
  2. Alfonso Nande Santos (Santiago)
  3. Alberto Troiteiro Liñares (Santiago)

 

Categoría veteranos A:

  1. Antonio del Rio Souto (Santiago)

 

Categoría veteranos B:

  1. José Manuel Álvarez Suárez (El Castro)
  2. Santiago Otero Varela (Santiago)
  3. Juan Manuel González Fontán (El Castro)

 

Categoría damas:

  1. Mª Cruz Ares Varela (Carral)
  2. Evelyne Manchón Maume (Carral)

 
Modalidade de Carabina:

Categoría sénior:

  1. Jesús García Parada (Laracha)

 

Categoría veteranos A:

  1. Manuel Méndez Vázquez (Carral)


O acto de entrega de diplomas, medallas e trofeos terá lugar nunha festa de clausura o este sábado, sobre as 20.00 h, xusto despois de inaugurar a XIV edición deste torneo que se disputará ao longo deste ano 2016 e na que xa están inscritos máis tiradores que a edición pasada.

Fotos

Fotos