ELAS SON ARTISTAS CHEGA A CARRAL CUN MURAL E O CONCERTO DE LAU NA PISCINA MUNICIPAL

posted in: Novas Concello | 0

O ciclo Elas Son Artistas pasa esta fin de semana por Carral cun obradoiro de pintura mural e co concerto de Lau, cantante do veciño concello de Cambre.

O obradoiro de pintura mural levarase a cabo durante o sábado e o domingo materializándose nun mural na Piscina de Paleo. No mesmo recinto, ás 18:00 h. do domingo, Lau ofrecerá unha actuación mentres as mozas do obradoiro rematan a súa obra.

Para o concerto recoméndase a reserva de convites chamando ata as 20:00 h. de hoxe venres ao 981 672 580.