CULTURA ORGANIZA UNHA VIAXE Á CASA DO PATRÓN E AO PAZO DE LIÑARES EN LALÍN

taberna-casa-do-patronA Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o 16 de marzo unha viaxe de índole cultural á zona de Lalín para visitar o complexo etnográfico da Casa do Patrón e o Pazo de Liñares no que se empraza o Museo Galego da Marioneta.

É unha viaxe deseñada para a participación de familias con nenos, que terán prioridade na inscrición. Os participantes poderán visitar o museo etnográfico da Casa do Patrón, unha das maiores coleccións deste tipo en Galicia, a sala de arqueoloxía do Castro de Doade cunha réplica dunha casa castrexa; e o Pazo de Liñares, do século XVII e no que está emprazado o museo dedicado á marioneta. O xantar será tamén na Casa do Patrón a base cocido, comida típica desta zona nestas datas do Entroido. Os menores terán ocasión de escoller outro menú.

As inscricións para esta viaxe débese facer na Casa da Cultura do 18 de febreiro ao 6 de marzo. As prazas son limitadas. As persoas que desexen participar sen a compaña de menores, poden anotarse en reserva para o caso de que non se cubran as prazas por parte de familias.

O prezo da viaxe é de 28 euros para adultos e 14 euros para nenos.