CULTURA OFRECE UN CAMPAMENTO ARTÍSTICO PARA MOZOS DE 12 A 16 ANOS

posted in: Novas Concello | 0

A Concellería de Cultura do Concello de Carral pon en marcha o campamento de tipo urbano chamado Soña, vive, crea! que ten por obxectivo fomentar a capacidade creativa dos participantes, aprendendo as principais técnicas dalgunhas disciplinas de creación cultural.Imaxe Soña Vive Crea.

As características da actividade son:

  • Datas: do 6 ao 17 de xullo
  • Horario: de 10:00 a 14:00 h.
  • Lugares de realización: Casa da Cultura, Centro de Formación Antón Fraguas e zonas exteriores do complexo municipal de Paleo.
  • Resumo do programa: introdución ao graffitti (6 horas), introdución ao modelado e escultura (12 horas), introdución á fotografía (8 horas), introdución á pintura en óleo (8 horas) e montaxe da exposición (4 horas).
  • Visitas ao museo MAC e ao obradoiro do escultor Francisco Escudero.
  • Participantes: entre 15 e 20 persoas nados entre 1999 e 2003.
  • Se contará cun monitor/a que coordinará e asistirá todas as actividades e monitores especializados en cada disciplina do campamento.
  • Prezo por participante: 75 €

As preinscricións realizaranse na Casa da Cultura ata o 20 de xuño, cubrindo a ficha que poden obter nas mesmas dependencias municipais ou descargándoa do blog http://culturacarral.blogaliza.org.

No caso de que o número de inscritos supere ao de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público na Casa do Concello o martes 23 de xuño, ás 10:00 h. Terán prioridade os empadroados en Carral. Os participantes aceptados deberán formalizar o pagamento da cota de inscrición entre o mércores 24 de xuño e o venres 26 de xuño.

Formulario de inscripción 2015