CULTURA OFRECE TRES PELÍCULAS PARA GOZAR EN FAMILIA

Cartel 2015 Nadal Infantil.A concellería de Cultura volve a ofrecer un ciclo de cine na sala de audiovisuais da Casa da Cultura. Nesta ocasión, aproveitando as datas do Nadal, ofrécense tres películas de animación para todos os públicos.
O ciclo comezará o luns 28 coa película Del revés, considerada por algúns críticos como unha obra mestra de Disney e os Estudios Pixar. O martes 29 proxectarase o filme galego-cubano nominado aos premios Goya Maimiño e o espello máxico, baseada no clásico conto infantil Polgariño e na versión libre que sobre este fixo o autor cubano José Martí. E rematarase o mércores 30 de decembro coa película Los Minions, outro éxito deste ano que está rematar.
Todas as sesións comezarán ás 17:00 h. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. Para a primeira película as entradas pódense recoller desde o día 22. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.