CULTURA OFRECE SEIS PELÍCULAS NUN NOVO CICLO DE CINE

posted in: Novas Concello | 0

Cartel 16º ciclo cine.A Casa da Cultura volve acoller un novo ciclo de cine con seis proxeccións. O programa ábrese con Star Wars: el despertar de la fuerza, que se proxectará  o venres 3 de marzo, ás 20:30 h.

As restantes películas deste ciclo son El libro de la selva (sábado 4 de marzo, 17:30 h.), El puente de los espías (venres 10 de marzo, 20:30 h), La Cumbre escarlata (venres 17 de marzo, 20:30 h), Spotlight (venres 24 de marzo, 20:30 h) e El Renacido (venres 31 de marzo, 20:30 h).

As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.

Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañados dalgún adulto. En calquera caso, a concellería de Cultura recomenda que as películas aptas para todos os públicos sexan desfrutadas en familia co fin de axudarlle aos máis pequenos á comprensión da temática e dos valores que transmiten os filmes, ademais de gozar da cultura en familia.