CONVOCATORIA DE PROBAS E DE CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no DOG do 18 de agosto de 2016 a resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega (Celga) para o vindeiro mes de novembro en Santiago e Ponferrada.
Así mesmo, no DOG do 19 de agosto convócanse cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega en distintos períodos e en varias escolas oficias de idiomas.

Máis información nos boletíns oficiais ou no servizo de Normalización Lingüística do Concello.